Aprendizaxe servizo |
A43 A44 A45 A46 A48 A50 A51 A52 B6 B7 B8 B9 B10 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C8 |
Proposta didáctica por parte dun grupo de estudantes de la materia nun centro educativo, que versará sobre educación literaria e lingüistica, e que dará resposta a necesidades previamente detectadas. Sobre esta proposta os/as grupos de estudantes elaborarán unha memoria escrita que será entegada á docente. |
70 |
Asistencia A asistencia regular ás aulas dará ao alumno ou alumna o dereito de realizar os traballo titorizado de Aprendizaxe-Servizo. Se o/a alumno/a ou non cumpre con este requisito de asistencia (é dicir, falta máis dun 20% das horas) será avaliado/a unicamente mediante a proba obxectiva fixada en xuño pola xunta de facultade. Modalidades de avaliación - A. Os alumnos e alumnas presenciais (é dicir, aqueles que asistan a un 80% das clases), para superar a materia na oportunidade de xuño, deberán obter unha puntuación mínima de 5 puntos mediante o traballo de Aprendizaxe Servizo e a realización do resumo.
- B. O alumnado con dispensa académica avaliarase do mesmo xeito que o alumnado presencial, excepto aqueles casos nos que por circunstancias especiais, requiran ser avaliados como disicentes non presenciais.
- C. Os alumnos e alumnas non presenciais (aqueles que falten a más dun 20% das clases) serán avaliados na oportunidade de xuño soamente mediante unha proba obxectiva, na data fixada pola Xunta de Facultade.
Realización fraudulenta das probas A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|