Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Education in Mathematics III
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Laboratory practice A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,...
Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia.
20
Mixed objective/subjective test A38 A39 A40 B2 B3 B4 B8 B9 B23 C1 Valorarase a argumentación, o razoamento e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
40
Supervised projects A39 A41 A42 B5 B11 B12 B19 C3 C7 C8 Valorarase o grado de consecución do cumprimento das directrices docentes.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."
20
ICT practicals A38 A39 A42 B1 B2 B4 B5 B11 B12 B24 C8 Valorarase o grado de consecución cumprindio as directrices docentes, e verificando o coñecemento e manexo das ferramentas por parte do alumnado. 20
 
Assessment comments

A avaliación continua da materia será:

- Tarefas realizadas a través dasmetodoloxías de prácticas de laboratorio e probas mixtas de forma individual (realizaraseunha media aritmética da serie de actividades realizadas na aula) queponderarán na cualificación final cun 60%.

- Traballo en equipo realizado através do traballo tutelado e prácticas a través de TIC que ponderará nacualificación final cun 40%.

O exame final da materia só é obrigatorio paraaqueles/as estudantes que non efectúen esta avaliación continua , e de ser o caso a súa avaliación consistirá en:

o Unha proba obxectiva individual e presencial cunhaponderación do 60% nas datas oficiais e publicadas na web da facultade.

o Un traballo individual cunha ponderación do 40%.Este traballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docentea cada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio comunicar ao docenteque o estudante se acolle á avaliación non continua, e o docente asignaralle otraballo tutelado e as indicacións correspondentes. Non se admitirá apresentación dun traballo individual sen este requisito .

Na 2º Oportunidade acualificación da materia será :

- Unha proba obxectiva individualcunha ponderación do 60%.

- Un traballo individual cunhaponderación do 40%. Estetraballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docente acada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio pedirlle ao/á docente asindicacións correspondentes. Non se admitirá a presentación dun traballoindividual sen este requisito .

No caso de que un/unha estudante na modalidadecontinua e na 1ª oportunidade suspenda algunha parte debe saber:

o Se suspende a parte do traballo de aula, deberealizar o exame de forma presencial e individual, cun peso na súacualificación final do 60%.

o Se suspende a parte do traballo en equipo, deberealizar outro traballo de forma individual, coas directrices que deberádemandar ao/á docente cun peso na súa cualificación final do 40%.

A cualificación da materia na oportunidade adiantada rexirase polosaspectos considerados no curso precedente.

Para superar a materia en calquera modalidade e en calqueraoportunidade, deberanse ter superadas cunha cualificación mínima de 5,0 as dúaspartes que forman a avaliación, resultando como cualificación final a mediaponderada das dúas cualificacións. Do contrario a cualificación final será acualificación da parte suspensa ou a media ponderada das dúas partes se estánámbalas dúas suspensas.

En calquera modalidade, se o/a estudante aproba calquera parte avaliada damateria na 1ª oportunidade, esa cualificación será válida para a 2ªoportunidade.

Se o estudante non realiza algún traballo solicitado, en calquera modalidadee en calquera oportunidade, en tempo e forma, a cualificación desa tarefa seráun 0.

Todas as directrices dos traballos solicitados estarán no Campus Virtual damateria.

Entenderase que un/ha estudante se acolle á modalidade de avaliacióncontinua se fai a entrega dalgunha fase do traballo en equipo ou realizaalgunha proba de avaliación continua, e esta será a avaliación correspondente á1ª oportunidade. Se unha ou as dúas partes desta avaliación está suspensa,poderá superar a materia na 2ª oportunidade.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán apuntuación final.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unhavez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso naconvocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario.

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario do Campus Virtualunha foto que o identifique.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes