Na
avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa, tanto nas
sesións expositivas como interactivas. Valoraranse os coñecementos adquiridos,
a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e
a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. A saída ao medio será obrigatoria.
Para
superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das partes da
avaliación, sendo necesario asistir ao 80% das clases.
Terán
carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as que non se presenten a algún
dos apartados da avaliación.
Evaluación de la segunda oportunidad : se guardan as actividades aprobadas en sesións interactivas en Saida o Medio.
O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención
de asistencia deberá realizar un traballo de curso individual e unha proba obxectiva, sendo calificada esta última cun 40% e o traballo de curso cun 60%.
Nos
traballos a realizar, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade incurrir en copia do traballo
de terceiros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será
imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os
devanditos traballos.
Todos los aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación al estudio", "permanencia" y "fraude académica" se regirán de acuerdo con la normativa académica vigente de la UDC."