Será
obrigatoria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para a admisión
dos traballos e clases prácticas. Os alumnos terán que entregar un portafolios
coas actividades realizadas para presentarse ás probas mixtas de avaliación.
Excepción: O alumnado que, tendo recoñecida a condición de
estudante a tempo parcial, teña solicitado no Decanato a dispensa académica mantense
o mesmo criterio que para os estudantes que estean a tempo completo. O alumno
nesta situación deberá asistir ás clases teóricas ou prácticas, segundo a súa
dispoñibilidade. A avaliación será cunha proba mixta valorada en 10 puntos.
O alumno deberá aprobar o exame para aprobar a asignatura, o tempo
que entregar o portafolios cas prácticas realizadas seguindo as indicacións dos
docentes.
Si o alumno ten que ir a unha segunda convocatoria e na nota da
primeira contabilizáronse as practicas, traballos e asistencia, terá que
realizar unha proba mixta valorada sobre 10 puntos.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo
coa normativa académica vixente da UDC.