Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Sociology of Education
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Supón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Por iso, empregarase unha metodoloxía maiéutica onde o contido non se expoña, simplemente, para a recepción pasiva, senón que se trate, mediante unha lóxica de pregunta-resposta, que o alumnado vaia desenvolvendo e comprendendo de maneira activa o contido impartido. Por iso, a participación do alumnado neste tipo de clases é moi importante e valorarase.

A lección maxistral non debe ir soa no plantexamento dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución de outras actividades e métodos que permitan un rol máis activo do estudantado.

Neste tipo de clases intentarase promover unha participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratadas.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de estudantes pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión axeitada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser de difícil acceso ou asimilación. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.

Ante unha posible situación de excepcionalidade e nun escenario de non presencialidade, a sesión maxistral convertiríase nunha clase asíncrona gravada en Teams.
Supervised projects Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas realizadas na clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).

O traballo grupal está plantexado como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo deben escollerllos o propio alumnado e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como no que respecta á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc. Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha titoría obrigatoria.

No caso de non presencialidade, os traballos tutelados realizaríanse do mesmo xeito, realizando titorías telemáticas vía Teams ou correo electrónico.
Workbook Nalgúns temas do programa existe un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.

Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.

As lecturas e demais materiais estarán sempre dispoñibles en moodle, de xeito que ante unha situación de docencia non presencial, o alumnado poderá seguir desenvolvendo esta metodoloxía dun xeito autónomo.
Oral presentation O traballo grupal sobre un tema sociolóxico será exposto en clase (tamén de forma grupal) a final de curso.

Ante unha situación de excepcionalidade, a presentación oral podería mudar nunha exposición en Teams síncrona ou asíncrona ou, de non ser o caso, ser completada a súa avaliación co informe escrito.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes