Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 Considéranse traballos tutelados tanto as prácticas realizadas na clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica. O 50% da nota depende das prácticas de clase e a participación, e o 40%, do traballo grupal obrigatorio.

En todos estes traballos valorarase:
- A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
- O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
- O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
- A orixinalidade.
- A correcta expresión escrita.
- A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
90
Presentación oral A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A presentación oral sobre o traballo grupal é obrigatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua. O 50% da nota depende das prácticas de clase e o 40% do traballo grupal obrigatorio. A presentación oral sobre o traballo grupal obrigatorio valerá o restante 10% da nota. Para a avaliación continua será obrigatoria a asistencia a clase, polo que se poderá faltar a estas un máximo de 3 veces (con ou sen xustificación). Á cuarta falta pasarase, automaticamente, a avaliación non continua. Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes (prácticas en clase, traballo grupal e exposición oral). As tres partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada das mesmas. No caso de suspender na primeira convocatoria en xuño, o alumno/a terá que facer en xullo un exame de recuperación de todo o curso.

Avaliación non continua. Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente a clase, e especificamente ás clases prácticas, deberán optar pola avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso dun 100% da nota final. Neste exame incluiranse preguntas sobre as lecturas obrigatorias.

Segunda oportunidade. Para aprobar a materia en segunda oportunidade será necesario aprobar un exame (de preguntas breves e de desenvolvemento e cunha parte práctica) que valerá o 100% da nota e que terá lugar na data oficial estipulada pola UDC.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes