Supervised projects |
Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos prácticos e exposicións orais.
Estes traballos deberán realizarse en grupo para a súa posterior presentación. Todos os grupos deberán subir os traballos realizados ao campus virtual en formato pdf, antes da exposición.
Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación obtida na proba tipo test, se nesta non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que se forma o alumnado traballando as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
O alumnado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
A actividade de aprendizaxe servizo e a de traballo tutelado SON EXCLUSIVAS, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de xeito que a nota correspondente será a asignada a cada actividade, é dicir, o 60% da nota final. |
Multiple-choice questions |
Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa ou de enunciado incompleto, e varias opcións de resposta ou alternativas que aporten posibles solucións, das que só unha delas é válida.
A proba establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia, é dicir, independentemente da cualificación acadada na parte práctica, se na proba tipo test non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada. |