Portafolios do alumno |
A8 A9 A11 B1 B2 B3 B6 B11 B13 B16 B17 B20 B21 B23 C1 C3 |
Elaboraráse un portafolio no que se incluirán os informes dos estudos de caso constituíndo o 60% da nota final. |
60 |
Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas levarase a cabo o Portafolio do alumnado no que se incluirán os informes dos estudos de caso constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos. Coñecementos teóricos: Mediante a Proba mixta avaliaranse os coñecementos teóricos que constitúen o 40% da nota final. Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para o computo na nota final. A cualificación final será a suma entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible, de non ser o caso a materia consideraríase como non superada. A 1ª , 2ª e 3ª oportunidade de avaliación terán as mesmas condicións. Todos os aspectos relacionados coa " dispensa académica", "dedicación o estudo", permanencia" e "fraude académico" rexiranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC.
|