Para
superar a materia é condición necesaria aprobar a Proba Obxectiva (exame), polo
que os traballos non puntuarán ata que o exame estea aprobado (polo menos un 5
sobre 10). A proba obxectiva (exame) supón o 80% da nota final,
puntuando tamén para a nota a presentación oral (2.5%), análise de fontes
documentais (1.5%), traballo tutelado (10%), estudo de casos (2.5%) e resumo
(3.5%).
Ademais
destes 6 aspectos (presentación oral, análise de fontes documentais, traballo
tutelado, estudo de casos, proba obxectiva e resumo), tamén poderá influír na
puntuación o grao de implicación do alumno na materia (asistencia,
participación, interese, destrezas adquiridas, etc.) podendo variar ata 0.15
puntos na nota final para aqueles que, superando o Exame Oficial, están
próximos ao momento de corte de cada cualificación.
A
asistencia ás clases é primordial para comprender a materia, máis aínda, ás
clases interactivas cuxo contido tamén é materia de exame e fundamental para a realización dalgúns traballos.
Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,
“permanencia” e “fraude académica” rexeranse #de acordo con a normativa
académica vixente da UDC.
ESPECIFICACIÓNS
ADICIONAIS:
1. Aplicaranse estes mesmos criterios
avaliadores en todas as convocatorias (1ª, 2ª e convocatoria adiantada)
2. Os traballos serán entregados na mesma
data por parte de todo o alumnado, caso de non entrega, non puntúan.
3. O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será avaliado
cos mesmos criterios que o resto do alumnado tendo que levar a cabo os mesmos
traballos ainda que coa flexibilidade de que, aquéles traballos que sexan en grupo (presentación oral e traballo tutelado), poderán realizalos de xeito individual ou grupal con compañeiros na mesma situación ou integrarse co alumnado que asiste regularmente a clase. Ademáis, no caso da presentación oral, facilitárese que poidan realizala grabada a través de Teams en vez de presencialmente.