Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xerontoloxía
 Asignaturas
  O Proxecto de Investigación en Xerontoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas durante a presentación da temática proposta. Defenderase un proxecto de investigación en grupo. 45
Sesión maxistral A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 O alumno deberá asistir ás clases maxistrais. 5
Traballos tutelados A8 B3 B4 C1 C2 C3 O alumno deberá facer un proxecto de investigación que será avaliado polo profesor. 50
 
Observacións avaliación

ALUMNADO
CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE
EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e
as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), a cualificación referida á asistencia
á aula será substituída pola
realización dun traballo práctico vinculado a dita formación. Ademais, en
titorías personalizadas explicaráselles o traballo realizado na aula para que
podan realizalo adecuadamente no seu domicilio. 

IMPORTANTE:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade
na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes