Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Guía Provisional |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional | Código | 653G01109 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia. |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia |
Lecturas | Conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia. Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia. |
|