1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se
solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a
dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros
aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación. 3.- Durante o período lectivo
da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras
actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de
carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas
que complementan o desenvolvemento da materia. 4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. 5.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña. |