Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Work Placement I
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Student portfolio A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 50
Clinical practice placement A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, a actitude ante as normas xerais da materia e as normas de funcionamento específicas de cada centro de prácticas, e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A asistencia a todas as prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
20
Field trip A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das saídas de campo), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A participación nas saídas de campo é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás saídas de campo deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
20
Laboratory practice A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase:
1) A responsabilidade, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das prácticas de laboratorio), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
2) As tarefas, exercicios ou actividades prácticas, de carácter individual e/ou grupal, propostas durante o desenvolvemento desta metodoloxía.
A asistencia a todas as prácticas de laboratorio é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas de laboratorio deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
10
 
Assessment comments

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo de maneira obrigatoria (salvo ausencia debidamente xustificada) a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), participando nas Actividades iniciais e de Discusión dirixida que se leven a cabo, e entregando todos os traballos solicitados (Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas todas as metodoloxías de avaliación, alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha das metodoloxías, non se sumarán o resto de metodoloxías, e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de ter varias metodoloxías suspensas, a cualificación global da materia corresponderase coa nota suspensa máis elevada.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola ausencia non xustificada ou o suspenso das sesións prácticas desenvolvidas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e/ou Saídas de campo), non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, vixentes na actualidade).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola falta de entrega ou o suspenso dos traballos correspondentes á metodoloxía Portafolios ou ao resto de metodoloxías, a/o estudante terá que repetir a entrega dos traballos suspensos ou non presentados na segunda oportunidade (xullo).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.

A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes