Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos traballos tutelados. 10
Estudo de casos A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas 10
Aprendizaxe servizo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Esta metodoloxía empregarase para avaliar a adquisición de destrezas para a intervención no ámibito comunitario, en equipos de traballo e en coordinación con profesionais e institucións de iniciativa social. 15
Saídas de campo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Empregarase esta metodoloxía para avaliar as actitudes e habilidades dxs estudantes na práctica en entornos comunitarios, na atención directa aos usuarios e/ou equipos de traballo.
Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañadxs polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada dos contornos, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornos reais para que faciliten a autonomía.
40
Simulación A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 A través desta metodoloxía valoraranse as atitudes ehabilidades de cara a planificar e abordar unha intervención, así como a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. 25
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será competencia da docente responsable do rotatorio de cada estudante. Todas as metodoloxías non estarán presentes en todos os rotatorios, polo que a docente de cada un deles presentará o sistema concreto de avaliación ao inicio do mesmo (os rotatorios nos que se inclúa a metodoloxía de aprendizaxe servizo, esta será avaliada dentro da metodoloxía de saçidas de campo). A asistencia a todas as metodoloxías do rotatorio asignado será obrigatoria.

Cada estudante realizará un portfolio da actividade realizada no rotatorio, que presentará na sesión de peche final da materia. Cada proxecto terá un contido diferente, polo que a avaliación se axustará ás condicións específicas de cada un deles, ademáis do portfolio final xa exposto, e común a todos os proxectos da materia. Na presentación da materia cada docente dará a información necesaria sobre a avaliación de cada un dos proxectos.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (por
exemplo: plaxio) implicará directamente a calificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria.

A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA AO 100% DAS HORAS. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de
avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria, pola ausencia ás Saídas de Campo, Simulación ou metodoloxía de Aprendizaxe Servizo,
non se poderá superar a materia na segunda oportunidade, e a/o estudiante tendrá que presentarse na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación,
revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de dicembro de 2013 e modificadas por última
vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra(Graciable).

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes