Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Clinical Nursing III
   Personalized attention
Methodologies
Case study
Supervised projects
Mixed objective/subjective test
Seminar
Description
A atención personalizada proporcionarase a demanda do alumnado a fin de que éste poida seguir con aproveitamento o ritmo de aprendizaxe do grupo.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a esta metodoloxía. O seguimento farase de forma grupal, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou por Teams.

A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou por Teams.

A atención personalizada relacionada cos seminarios ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a esta metodoloxía. O seguimento farase presencialmente e de forma individual e/ou grupal.

A atención personalizada relacionada cos estudos de casos ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a esta metodoloxía. O seguimento farase de forma individual, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou por Teams.


MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO:

- Resolución de dúbidas a través do campus virtual ou do correo electrónico da UDC.

- Titorías presenciais: terán lugar nos horarios marcados para as titorías presenciais, previa solicitude ó docente.

- Titorías virtuais: terán lugar nos horarios marcados para as titorías presenciais. En caso de ser preciso,
adaptaranse os horarios para facilitar as reunións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes