Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Nursery Nursing
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas coas competencias da materia.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.

O exame, para calquera convocatoria, será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada resposta mal, descontará 0,33.
As preguntas tipo test suporán un 50% da proba e as preguntas curtas o outro 50%. Será preciso acadar un mínimo nambas partes para ter superado a proba, a saber:
· 50% das respostas da parte tipo test (unha vez restadas as non acertadas)
· 50% das respostas da parte de preguntas de resposta curta.
60
Supervised projects A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria.
A proposta da temática do traballo será validada polo/a docente. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas e irá subindo e/ou actualizando semanalmente o traballo levado a cabo a través da plataforma Moodle ou vía correco electrónico para o seu seguemento e avaliación final.
Realizarase en grupos de 4 a 6 estudantes.
A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos:
- Presentación e estructura: traballo escrito e exposición oral.
- Claridade e uso de terminoloxía científica.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade crítica e achega persoal.
- Creatividade e innovación do tema a tratar.
- Manexo e referencia de fontes documentais.

A presentación oral do traballo tutelado con apoio audiovisual será de carácter obrigado. A súa entrega deberá realizarse mediante correo electrónico ou subida á plataforma Moodle en tempo e forma para poder ser avaliado.
Puntuará sobre un mínimo de 0 a un máximo de 10 puntos.
A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos.
40
Laboratory practice A40 A41 A42 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B7 B9 B10 B13 B14 B15 A asistencia ás prácticas de laboratorio considérase obrigatoria, debendo xustificarse a ausencia das mesmas. A falta de asistencia sen causa xustificada ás prácticas de laboratorio será penalizada con 0,2 puntos por cada falta. Esta penalización realizarase na nota final da parte da materia da práctica de laboratorio correspondente. 0
 
Assessment comments

Para superara materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha das partes: Materno e Infantil. En cada parte da materia (Materno e Infantil) será necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, tanto na proba mixta como no traballo tutelado, para a aplicación da porcentaxe na nota final. Poderase realizar unha avaliación parcial mediante unha proba escrita das mesmas características ca a descrita na avaliación. De ser así, a data acordarase segundo o desenvolvemento do programa.

Valorarase positivamente a asistencia e a participación activa na aula. Asistir a máis dun 85% do total das clases programadas para cada parte da materia (Materno e Infantil), suporá a suma de 0,15 puntos na calificación final de cada unha das partes.

A asistencia ás prácticas de laboratorio considérase obrigatoria, debendo xustificar a ausencia ás mesmas. A falta sen causa xustificada a cada práctica de laboratorio será penalizada con 0,2 puntos. Esta penalización aplicarase á calificación final da parte da materia da práctica de laboratorio correspondente (Materno ou Infantil).

Dado o carácter obrigatorio da presentación dos traballos tutelados, o alumnado que non presente a totalidade dos traballos, na forma e na data sinaladas, non terá opción de superar a materia. Así mesmo, o alumnado que non asista á aula os días sinalados para a exposición dos traballos non terá opción de superar a materia na primeira oportunidade.

Avaliación 2ª oportunidade

Na segunda oportunidade da materia respectarase a nota aprobada da Proba Mixta e/ou dos traballos tutelados de calquera das dúas partes (Materno ou Infantil).

Proba mixta: calculará un 70%.

Traballos tutelados: computarán un 30% e deberán entregarse o día da realización da proba mixta; sempre que non fosen entregados con anterioridade, nese caso, terán o mesmo peso na avaliación que para a 1a oportunidade.

Oportunidade anticipada

Proba mixta: calcularase un 100%, incluíndo preguntas relacionadas co desenvolvemento de traballos tutelados.

Alumnos de Matrícula Parcial e SICUE.

Proba mixta: computará un 70%.

Traballos tutelados: computarán o 30% e deberán entregarse o día que se acorde entre o profesor e o alumno ao longo do curso académico. Estes traballos pódense realizar individualmente ou en grupo. En todo caso, calquera que sexa a opción elixida pol@ alumn@, deberá comunicarllo previamente ao/á profesor/a a través do correo electrónico durante a primeira semana do curso académico.

No caso dos alumnos SICUE a exposición dos traballos terá carácter obrigatorio. Dita exposición poderá levarse a cabo de xeito presencial ou vía telemática.

Poderán obter o Título de Honra os estudantes que obteñan unha nota mínima de 9, tendo preferencia os que obteñan unha nota superior. En caso de igual puntuación e haber máis solicitantes ca matrículas, prevalecerá a persoa que obtivese maior puntuación na metodoloxía con maior peso porcentual.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes