Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O seguimento farase a través do correo electrónico, da plataforma Moodle e a plataforma Teams, a demanda do estudante e respectando os horarios de grupo reducido
Proba mixta Integra preguntas tipo test de respuesta única o de preguntas de tipo respuesta corta.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas,
institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas
actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e
sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc
Presentación oral Presentación oral do traballo tutelado.
Sesión maxistral Exposición oral presencial complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes