Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Portafolios do alumno |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas do estudantado relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que as-os estudantes deben acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, a través de Teams ou do correo electrónico.
A atención personalizada relacionada co Estudo de casos ten como finalidade orientar ao estudantado no desenvolvemento da planificación e a presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, a través de Teams ou do correo electrónico.
A realización do Portafolios tamén disporá de atención personalizada a través dos medios indicados anteriormente.
|
|