Para aprobar a asignatura é indispensable ter realizadas e aprobadas as partes por separado.
No
marco das metodoloxías incluiranse aspectos tales como asistencia a
clase, traballo persoal, traballos persoais proposto, ACTITUDE, etc.,
para axudar á obtención do aprobado.
É necesario superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para aprobar.
A
cualificación correspondente a "Traballos tutelados" poderá fluctuar
entre o 40% indicado e un 90%, en consecuencia a "Proba obxectiva" pode
variar entre un 0% e o 50% indicado.
Na 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada (decembro), a avaliación consistirá nunha única proba obxectiva cunha cualificación do 100%. Nestes casos non e necesario ter superadas as prácticas de laboratorio.
Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas as obligatorias e presenciais.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.