A avaliación da materia consistirá nun exame práctico, un exame teórico, un traballo final (portfolio, showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia. Cada proba supón un 25% da nota total.
Para poder superar a materia o alumnado deberá asistir a todas as presentacións da convocatoria na que se presente. De non cumprilo, terá a cualificación de Non presentado.
As datas de entrega e a presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente na aula e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en situación de dispensa académica deberá realizar os exames práctico e teórico e entregar o traballo final nas datas establecidas. Recoméndase que os exercicios semanais se vaian entregando nas datas solicitadas; podendo tamén entregalos todos xuntos o mesmo día da entrega do traballo final.
Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
As condicións son iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.