Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir
co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medionatural

3.-
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores dasostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.-
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas…)

5.- Traballaráse para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contornapara modificalos
e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria