Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
 Asignaturas
  Redes Informáticas de Comunicacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A16 A22 A32 A35 A43 A46 A62 A80 Consistirá na recompilación de exercicios realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estes exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas e entregaranse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Por tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. 10
Traballos tutelados A16 A22 A32 A35 A43 A46 A62 A80 Desenvolvemento dun proxecto aplicado, individual ou en grupo reducido. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do reto plantexado no enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obrigatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade. 50
Proba mixta A22 A32 A43 A46 A62 A80 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos/proyectos tutelados. 40
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante
deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as
actividades):



- Lograr unha nota superior ou igual a 3,5 na proba mixta final
realizada ao final do cuadrimestre.



- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de
todas as probas de avaliación.



Notas sobre as actividades:



- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa
entrega durante o curso académico, salvo a proba obxectiva final que terá dúas
oportunidades oficiais de exame.



- A avaliación na convocatoria extraordinaria (decembro)
consistirá nunha proba obxectiva cun peso do 100% da nota final.



- Os alumnos que se acollan a matrícula
parcial/dispensa académica, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer
actividades alternativas ás presenciais.

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo
coa normativa académica vixente da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes