Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
 Asignaturas
  Visión Artificial Avanzado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A43 A73 A91 Realización dunha proba teórico/práctica na que se avalien os conceptos adquiridos. É imprescindible obter unha cualificación mínima de 4,5 sobre 10 nesta metodoloxía para superar a materia. 20
Prácticas de laboratorio A13 A43 A73 A91 Propoñeranse un ou varios traballos prácticos de aplicación de técnicas concretas de visión artificial ao longo do curso que serán desenvolvidos polos alumnos e entregados para a súa avaliación. É imprescindible obter unha cualificación mínima de 4,5 sobre 10 nesta metodoloxía para superar a materia.

Poderase valorar positivamente a asistencia e participación activa nas clases ata un máximo de 1 punto sobre 10.
50
Traballos tutelados A13 A43 A73 A91 Propoñerase un ou varios traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos de forma autónoma polo alumno fóra das clases e que terán que ser presentados e defendidos. Disporase de atención personaliza por parte do profesor, que computa na avaliación. É imprescindible obter unha cualificación mínima de 4,5 puntos sobre 10 nesta metodoloxía para superar a asignatura. 30
 
Observacións avaliación
Aspectos xerais:
  • A avaliación desta materia está baseada na superación das tres metodoloxías principais: Traballos Tutelados, Prácticas de laboratorio e Proba mixta. A nota mínima para superar a materia será dun 5 sobre 10, sumando a nota de ambas as metodoloxías (a condición de que se supere a nota mínima esixida en cada metodoloxía).
  • Dependendo do contido e complexidade do traballo, a puntuación da proba mixta podería incorporarse ao traballo tutelado.
  • É requisito para superar a materia entregar, expoñer/defender os traballos e prácticas nas datas que se indiquen.
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Segunda oportunidade:
  • No caso de que o alumno non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir na segunda oportunidade aquelas actividades que non foron superadas coas modificacións que se indiquen. 
  • Aplícanse os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada (decembro):
  • Aplican as mesmas metodoloxías. 
  • O alumno deberá poñerse en contacto cos profesores a principios do primeiro cuadrimestre (setembro) para que se lle comuniquen os traballos a entregar e dispoña de tempo suficiente para a súa realización e revisión.

Matrícula a tempo parcial:
  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir ás actividades nas que se poida esixir presencialidad, salvo na exposición de traballos. 
  • Poderase acumular a porcentaxe da nota correspondente á asistencia a clase nas outras actividades, seguindo as indicacións dos profesores. Esta opción deberá notificarse aos profesores da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes