Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  ÁLXEBRA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B2 C4 Consistirá nun exame escrito no que se propoñerán varios problemas ou cuestións teóricas de aplicación. 70
Solución de problemas A1 B2 B6 B7 C1 C4 Consistirá nunha ou varias sesións na aula na que se resolverán varios problemas plantexados a partir dos coñecementos que se traballaron. 30
 
Observacións avaliación

Gardase a nota do exame de problemas ata a proba mixta na primeira oportunidade. Non presentarse ao devandito exame, co que se pode obter unha nota máxima de 3, implica un cero nesa parte e como máximo pódese obter un 7 de nota final da primeira oportunidade (ou sexa, ter un 7 na proba mixta, na que entra toda a materia). A materia supérase en primeira oportunidade se a suma das dúas cualificacións é maior ou igual a 5. 

"A avaliación da segunda oportunidade non consta dunha proba específica de "resolución de problemas", senón que se tratará unicamente dunha "proba mixta", é dicir, onde pode entrar tanto resolución de problemas como teoría. Esta proba mixta supoñerá o 100% da cualificación, pero aqueles alumnos que teñan algunha das dúas partes da primeira oportunidade aprobadas (resolución de problemas (30%) ou ben proba mixta (70%)), poderán solicitar que no seu caso a proba mixta da segunda oportunidade non supoña o 100% senón o % da proba que teñen suspensa (un 30% ou ben un 70%)". 

Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta. 

O alumnado con dispensa académica para asistir ás clases que formen parte da avaliación continua será cualificado mediante a proba mixta correspondente en calquera das dúas oportunidades. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes