Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final).

Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 2 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas.

O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia.
A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte.
8
Prácticas a través de TIC A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte.
15
Proba mixta A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Farase un examen parcial aparte do examen final de xuño e da oportunidade de xullo. Ese examen é liberatorio ate a convocatoria de xullo (inclusive) 70
Traballos tutelados A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Farase unha presentación oral do traballo realizado. Puntuaranse os contidos e a propia exposición 7
 
Observacións avaliación

 Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, traballos tutelados, Proba mixta, a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

Que se realizaron e superaron as prácticas de laboratorio e ademais:

- Obter polo menos 14 puntos no exame parcial (sobre 35), polo menos 14 (sobre 35), na segunda parte da materia no exame de primeira oportunidade e que a suma total de ambos valla 35 puntos.

- No  caso de non obter polo menos 14 puntos no exame parcial, deberá repetirse esta parte no exame de primeira oportunidade  e aplicarase o devandito no apartado anterior.

No caso de obter polo menos 17.5 puntos (sobre 35)  nunha parte na convocatoria de primeira oportunidade ou no parcial e non se superase a materia, gardarase esa parte como aprobada na segunda oportunidade, si ben a cualificación na acta de primeira oportunidade, será de suspenso. Neste caso, a nota da acta se baremará sobre a cualificación máxima da proba obxectiva, cun máximo de 4.5 puntos se a suma das dúas partes superase os 35 puntos, sen alcanzar 14 puntos en cada unha delas.

Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento  de dedicación  a tempo parcial   / dispensa  académica, con exención de asistencia que non as superaron, así como aqueles/as que non estivesen na situación antes citada pero que non as  aprobaron, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras  superar o exame da materia na primeira oportunidade  e a condición de que o soliciten. A datas das prácticas serán comunicadas ao comezo do curso.  Remítese ás persoas que se atopasen nalgún dos  ao apartado 6 da guía, para preparar o exame de laboratorio. Esa mesma norma aplicarase a persoas que non se atopasen en situación de dispensa ou tempo parcial

O mesmo é aplicable para a segunda oportunidade .

Os traballos tutelados non poderían entregarse ou repetirse en segunda oportunidade, xa que se trata de exposicións realizadas en clase. Non caso das práctica TIC, tampouco se repite nin recupera xa que ten unha interacción co desenvolvemento presencial ou síncrono das actividades.

Na convocatoria adiantada só realízase unha proba mixta global cunha puntuación máxima de 70 puntos. En caso de alcanzar polo menos 35 puntos, sumaranse as cualificacións da avaliación continua do último do curso pasado (tivésellas). En caso de non superar o laboratorio, deberá realizar un exame en data a concretar co profesor. Respecto a traballos tutelados e prácticas TIC non realizadas, aplícase o mesmo que na segunda oportunidade

Todos os aspectos relacionados có fraude académico rexiranse dacordo coa normativa académica de la UDC.

.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes