Os traballos tutelados resoltos de xeito
individual ou colectivo, avaliaránse en función do traballo realizado polo
alumno. O profesor asignará unha nota según o grao de coñecemento e aprendizaxe
que mostre o alumno. Ademáis, valorarase a calidade dos traballos entregados,
tanto no seu aspecto técnico, como formal.
A nota obtida nos traballos tutelados sumarase á obtida na proba mixta, sempre
e cando o/a alumno/a acade nesta proba mixta unha nota igual ou superior a 3
puntos sobre 7. En caso contrario, a nota final da materia estará constituida únicamente pola nota do exame (con un máximo de 7 puntos).
Para poder presentar os traballos
tutelados será preciso asistir ás clases, salvo causa debidamente xustificada,
con unha asistencia igual ou superior a o 80%. Os alumnos repetidores poden optar a principio de curso a manter a nota do curso anterior correspondente a os traballos tutelados, e quedar exentos da asistencia ás clases (esta posibilidade só se aplica no curso seguinte á obtención da nota dos traballos, e sempre que se cumprira o requisito de asistencia do 80% no curso de obtención da citada nota).
A nota dos traballos tutelados conservase para a convocatoria de xullo
correspondente á segunda oportunidade. Aqueles alumnos que non entregaran os
traballos tutelados na primeira oportunidade non terán oportunidade de facelo
na segunda, e polo tanto a nota final estará constituida únicamente pola nota
da proba mixta (con un máximo de 7 puntos).
A realización fraudulenta (plaxio, copia,
etc.) das probas ou actividades de avaliación implicará a aplicación da normativa da UDC relativa a estos casos.
A nota da convocatoria adiantada
(decembro) estará constituida únicamente pola nota acadada nunha proba mixta
(exame) (con un máximo de 10 puntos).
Os alumnos con dispensa académica ou a
tempo parcial estará eximidos da obrigatoriedade do 80% de asistencia.