Laboratory practice |
A22 B2 B7 |
A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria, así como a entrega e aprobado da memoria de prácticas correspondente á parte de máquinas hidráulicas. Os alumnos e alumnas que non acudan ás prácticas nas datas previstas non poderán superar a materia no presente curso académico e non haberá posibilidade de realizar as prácticas de novo ata o seguinte curso. Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a memoria de prácticas que se entregará na parte de máquinas hidráulicas (5 sobre 10) non poderán aprobar a materia na primeira oportunidade. Estes alumnos poderán realizar un exame de prácticas na convocatoria de segunda oportunidade que, en caso de aprobala, permitiralles aprobar a materia na devandita convocatoria.
Os alumnos e alumnas que realicen e aproben as prácticas nun mesmo ano académico, e en caso de non aprobar a materia, non terán que repetilas nos tres cursos seguintes ao que realizasen as prácticas. En ningún caso avaliaranse memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes. |
15 |
A proba mixta da parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes. A realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. Aqueles alumnos e alumnas que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: Realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores e nota final na proba mixta igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 85% e as prácticas de laboratorio do 15%. Aqueles alumnos e alumnas con dispensa académica deberán realizar: As prácticas de laboratorio, os traballos tutelados e as probas mixtas. Con todo, os alumnos e as alumnas con dispensa académica poderán acordar cos e as docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados. Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC.
|