Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MÁQUINAS TERMICAS E HIDRAULICAS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B7 C4 Realizaranse dous traballos tutelados durante o cuadrimestre, cuxo contido se fará coincidir con cada unha das partes da materia. A cualificación obtida conservarase para a segunda oportunidade. Aqueles alumnos e alumnas que non realicen os traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 e non poderán facer entregas posteriores. 15
Prácticas de laboratorio A22 B2 B7 A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria, así como a entrega e aprobado da memoria de prácticas correspondente á parte de máquinas hidráulicas. Os alumnos e alumnas que non acudan ás prácticas nas datas previstas non poderán superar a materia no presente curso académico e non haberá posibilidade de realizar as prácticas de novo ata o seguinte curso. Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a memoria de prácticas que se entregará na parte de máquinas hidráulicas (5 sobre 10) non poderán aprobar a materia na primeira oportunidade. Estes alumnos poderán realizar un exame de prácticas na convocatoria de segunda oportunidade que, en caso de aprobala, permitiralles aprobar a materia na devandita convocatoria.
Os alumnos e alumnas que realicen e aproben as prácticas nun mesmo ano académico, e en caso de non aprobar a materia, non terán que repetilas nos tres cursos seguintes ao que realizasen as prácticas. En ningún caso avaliaranse memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
15
Proba mixta B2 Na convocatoria de primeira oportunidade a avaliación da materia farase de forma continua con dúas probas mixta: A primeira proba realizarase ao longo do primeiro cuadrimestre e avaliará aos alumnos e alumnas do contido da parte de Máquinas Térmicas e terá un peso de 60%. A segunda proba realizarase na data prevista no calendario de examenes da EPEF onde se avaliará do contido de Máquinas Hidráulicas e terá un peso de 40%. Na primeira oportunidade non será posible avaliarse de todo o contido da materia nun único exame.
Para poder aprobar a materia en primeira oportunidade é necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada proba mixta e a nota final obterase coa media ponderada co peso de cada parte. Os alumnos que só aproben unha das probas liberarana e conservarán dita nota para a convocatoria de segunda oportunidade. Por tanto, estes alumnos e alumnas só terán que avaliarse en segunda oportunidade da parte que non aprobasen en primeira oportunidade.
Os alumnos e alumnas que se presentaron en primeira oportunidade aos dous exames e que non superasen os dous ou un deles obterán a cualificación de “suspenso”. Os alumnos e alumnas que non se presentaron aos dous exames ou a un deles recibirán a cualificación de “non presentado”.
70
 
Observacións avaliación

A proba mixta da parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes.

A realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. 

Aqueles alumnos e alumnas que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: Realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores e nota final na proba mixta igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 85% e as prácticas de laboratorio do 15%. 

Aqueles alumnos e alumnas con dispensa académica deberán realizar: As prácticas de laboratorio, os traballos tutelados e as probas mixtas. Con todo, os alumnos e as alumnas con dispensa académica poderán acordar cos e as docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados. 

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes