Teaching GuideTerm
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Subjects
  Materials Engineering
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects A25 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 Realizaranse un traballo tutelado en grupo sobre distintos aspectos do temario que se expoñerá oralmente 30
Mixed objective/subjective test A25 B2 B3 B5 B6 Realizaranse dous exames parciais. Constarán de 20 a 25 preguntas tipo test e un ou dous problemas similares aos propostos no boletín colgado no campus virtual. Levaranse a cabo en horario de clase.

Todas as preguntas do test teñen tres posibles respostas das cales só unha é verdadeira Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,5 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan.

Para ter opción ao aprobado non se pode obter menos de 3,0 en ningún parcial e débese obter 5,0 ou máis en polo menos un deles.

O estudante poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno na convocatoria de maio/xuño co obxecto de mellorar nota (considerarase a nota do último exame).
70
 
Assessment comments

A avaliación da segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios que a primeira oportunidade, salvo que non se repetirá o traballo tutelado ao tratarse dunha actividade en grupo, manténdose a nota obtida na primeira oportunidade.

No caso da convocatoria adiantada de decembro realizarase un único exame composto por un test de 30-40 preguntas sobre o contido da materia e un exercicio práctico similar aos propostos no boletín colgado no campus virtual. Para aprobar haberá que obter polo menos unha nota de 5.0. Este alumnado está exentos da realización do traballo tutelado.

O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica debe poñelo en coñecemento do coordinador da materia. A avaliación realizarase cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académico rexeranse de acordo coa normativa académica da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes