Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Actuadores e Sensores
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Iranse describindo en clase, mediante utilización de medios audiovisuais, os diferentes elementos que aparecen nos contidos (sensores, actuadores, sistemas de control)

Cando sexa posible, utilizaranse os propios dispositivos durante a exposición.
Solución de problemas Resolveranse problemas prácticos para reforzar as ideas introducidas nas clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas simples utilizando diferentes tipos de sensores, actuadores, circuítos de adquisición, microcontroladores, etc.
Proba obxectiva Para os alumnos de segunda oportunidade ou convocatoria adiantada que non realicen as prácticas de laboratorio, farase un exame teórico sobre os conceptos abordados nas mesmas.
Traballos tutelados Os alumnos, en grupos de 2 ou 3, deberán levar a cabo un proxecto completo (incluíndo a construción) dun sistema, aplicando todos os coñecementos adquiridos en clase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes