Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Mantemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 B9 Na presentación valorarase tanto o traballo como a propia presentación. 50
Proba mixta B5 B7 B9 O exame consta de preguntas conceptuais e problemas. O criterio para a avaliación do alumno é que demostre unha comprensión suficiente da materia. 50
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade. Na convocatoria adiantada, o 100% da avaliación será a proba mixta. Na segunda oportunidade, terase en conta a puntuación obtida no traballo tutelado se se realizou durante o curso, ou se terá que presentar se non se fixo durante o curso.

No caso de estudantes con dispensa académica e a tempo parcial, o 100% da avaliación será a proba mixta, para evitar que o estudante teña que acudir a clase durante o curso. Isto é válido tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

Todos os aspectos normativos relacionados con “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes