Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Análise de Fallo en Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B5 Realizaranse dous exames parciais.

Para aprobar a materia non se pode obter menos de 3,0 en ningún parcial e 5,0 ou máis en polo menos nun deles.

O estudante poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno no exame da convocatoria ordinaria con obxecto de mellorar nota (considerarase a nota do último exame).
70
Traballos tutelados B5 B7 B9 Realizarase un traballo tutelado en grupo sobre distintos aspectos da materia onde se analizarán as causas dos fallos dos materiais en servizo 30
 
Observacións avaliación

A avaliación da segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios que a primeira oportunidade, salvo que non se repetirá o traballo tutelado ao tratarse dunha actividade en grupo, manténdose a nota obtida na primeira oportunidade.

No caso da convocatoria adiantada de decembro realizarase un único exame composto por un test de 15-20 preguntas sobre o contido dos temas 1 ao 3 e 7 ao 9 e dous exercicios prácticos similares aos propostos en clase relacionados cos tema 4 a 6. Para aprobar haberá que obter polo menos unha nota de 5.0. Este alumnado está exento da realización do traballo tutelado.

O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica debe poñelo en coñecemento do coordinador da materia. A avaliación realizarase cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académico rexeranse de acordo coa normativa académica da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes