Gardase a nota do exame de problemas ata a proba mixta na primeira oportunidade. Non presentarse ao devandito exame, co que se pode obter unha nota máxima de 3, implica un cero nesa parte e como máximo pódese obter un 7 de nota final da primeira oportunidade (ou sexa, ter un 7 na proba mixta, na que entra toda a materia). A materia supérase en primeira oportunidade se a suma das dúas cualificacións é maior ou igual a 5.
"A avaliación da segunda oportunidade non consta dunha proba específica de "resolución de problemas", senón que se tratará unicamente dunha "proba mixta", é dicir, onde pode entrar tanto resolución de problemas como teoría. Esta proba mixta supoñerá o 100% da cualificación, pero aqueles alumnos que teñan algunha das dúas partes da primeira oportunidade aprobadas (resolución de problemas (30%) ou ben proba mixta (70%)), poderán solicitar que no seu caso a proba mixta da segunda oportunidade non supoña o 100% senón o % da proba que teñen suspensa (un 30% ou ben un 70%)".
Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta.
O alumnado con dispensa académica para asistir ás clases que formen parte da avaliación continua será cualificado mediante a proba mixta correspondente en calquera das dúas oportunidades.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC.