Supervised projects |
B5 B7 B9 C4 C6 |
Desenvolvemento dun ou varios proxectos individuais ou en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Polo menos o traballo final requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero nesta actividade.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota obtida no traballo tutelado. |
70 |
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): - Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
- Que a nota na proba mixta sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se poderá obter, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma: - NOTA FINAL = 0,3*PM + 0,7*TT
Notas sobre as actividades: - Aos alumnos que se presenten na convocatoria extraordinaria ofreceráselles a posibilidade de desprazar a nota dos traballos tutelados á proba mixta. Para isto, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
- Os traballos tutelados terán unha única data para a súa realización durante o curso académico (que lle será notificada en tempo e forma). O alumnado que non aprobe a materia na 1ª oportunidade terá 2 opcións na 2ª oportunidade:
- Conservar a nota dos traballos tutelados e / ou proba mixta aprobados e repetir soamente os suspensos.
- Descartar ditas notas e facer únicamente unha proba mixta de maior extensión, debendo de notificar a sua preferencia ANTES da data da proba mixta.
- Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|