Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Xestión dos riscos psicosociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B4 C6 A proba mixta constará de tres partes:

1ª) Ensaio. Búscase responder por escrito a unha pregunta de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espíritu crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudantado; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
2ª) Resposta breve. Preséntanse catro enunciados en forma de preguntas para responder de xeito breve e sintético.
3ª) Resposta múltiple. Formúlanse dez cuestións en forma de preguntas directas e catro opcións de resposta por cada cuestión, das que só unha delas é correcta.

Cada unha das tres partes se calificará cunha puntuación máxima de 10. A cualificación final da proba mixta será a suma das puntuacións de cada unha das tres partes, dividida por 3.
60
Sesión maxistral A4 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A asistencia a clase computarase porcentualmente.
20
Traballos tutelados A1 C3 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor.
Os/as alumnos/as realizarán individualmente ou en grupo diversos traballos propostos polo profesor ao longo do curso. Estes traballos tutelados serán entregados ao profesor nas datas indicadas por este e, posteriormente, levarase a cabo unha posta en común na aula.
20
 
Observacións avaliación

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4,0 (sobre 10) na proba mixta para superar a materia. No caso de que a puntuación da proba mixta sexa inferior a 4,0 sobre 10, a puntuación final máxima na asignatura será de 4,0.

A cualificación de "Non presentado" outorgarase aos/as alumnos/as que non se presenten á proba mixta.

As calificacións das diferentes metodoloxías de avaliación da primeira oportunidade da convocatoria (a excepción da proba mixta) se manterán para a segunda oportunidade, na que se deberán cumplir os mesmos requisitos que se establecen para a primeira oportunidade.

O único criterio (100% da nota) para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será a proba mixta.

A realización fraudulenta da proba ou actividades de avaliación considérase falta grave (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 10, apdo. 3 f). Implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo. 4 b).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes