Prácticas de laboratorio |
A7 B2 B4 B6 C2 C3 C7 |
Avaliarase a asistencia/realización ás sesións de laboratorio, o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión. Ademais, a asistencia/realización das practicas é obrigatoria e condición necesaria para aprobar a asignatura. Serán sesións presenciais e/ou online. |
10 |
Solución de problemas |
A7 B1 C3 C5 |
Avaliaranse os problemas/test para que os alumnos resolvan de forma autónoma. |
20 |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO: - Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como “non presentados”.
- Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas de laboratorio nos dous cursos anteriores, poderán optar en realizalas novamente ou non. No caso de optar por non realizalas, debe solicitalo, e conservaría a puntuación dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non superaran a asignatura deberán realizalas prácticas obrigatoriamente.
AVALIACIÓN CONTINUA: - A asistencia ás clases de docencia interactiva son obrigatorias. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas a clase sen xustificar, serán inmediatamente excluídos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxectiva será un 90% da nota, sendo o 10% restante o correspondente ás prácticas de laboratorio. Nese 90% inclúense os traballos e la solución de probelmas.
AVALIACIÓN FINAL: - Na segunda oportunidade de avaliación seguirase a mesma norma que para a primeira oportunidade.
- Os alumnos con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio.
- Na convocatoria adiantada segueranse as mesmas normas de avaliación.
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" y "fraude académica" rexeranse dacordo coa normativa académica vixente da UDC.
|