Para superar a materia será obrigatorio:
- A asistencia a un mínimo do 80% das sesións prácticas. A estos efectos, non seterán en conta as ausencias debidamente motivadas por cuestións de saúde.
- Únicamente se contempla a posibilidade dun 15% de faltas de asistencia asesións prácticas sen aportalo correspondente xustificante.
As Prácticas de laboratorio representan o 40% da calificación da materia, e avalían os contidos relacionados co deseño asistido por computador. Na segunda oportunidade poderase conservar a calificación obtida nas Prácticas de laboratorio, sempre que se houbese obtido unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. O cálculo da calificación das actividades ligadas ao deseño asistido por computador farase acorde á seguinte fórmula: (Exercicios prácticos de deseño asistido por ordenador * 0.25 + Nota proxecto * 0.15) / 0.4.
A avaliación final do/a alumno/a tanto na segunda oportunidade, como na convocatoria adelantada, atenderá á suma da puntuación outorgada ás seguintes partes:
Nota segunda oportunidade= 0.6 * Proba mixta + 0.4 * Proba práctica (deseño asistido por computador). A proba mixta abarcará a totalidade dos contenidos da materia.
No caso de segunda matrícula ou sucesivas, non se conservarán eventuais partes superadas en cursos anteriores, debendo o estudante realizalas e superalas.
Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.