Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para a primeira e segunda
oportunidades do curso.
A avaliación na convocatoria adiantada realizarase exclusivamente a través dunha proba mixta.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), que non poida asistir ás sesións interactivas, será da solución de problemas en titorías ou en datas acordadas co profesorado da materia. A proba mixta será a mesma que para o resto do alumnado.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación das dúas oportunidades.