Para poder sumar os puntos das
actividades denominadas como Solución de problemas" e "Prácticas de
laboratorio", na nota da "Proba obxectiva" o alumno terá que ter alcanzado un
mínimo de 4.0 puntos.
Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que
a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.
Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación
corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.
O alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das
actividades obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará implicará que o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.