Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.
A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e Proba mixta, a condición de que se cumpran as seguintes condicións:
. Que se realizasen as Prácticas de laboratoriocon unha puntuación maior ou igual que 5.
. Que se obtivese na Proba mixta unha puntuación maior ou igual que 20.
No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será o resultado da suma de Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e Proba mixta, sempre que sexa menor que 40 puntos. En caso contrario a nota final será de 40 puntos sobre 100.
As notas das actividades de avaliación continua (Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral e Proba de resposta múltiple) só serán válidas ata a convocatoria adiantada do curso académico seguinte.
Tódolos aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude
académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC.
Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non se lle esixe unha asistencia mínima ás clases e/ou actividades con excepción das prácticas de laboratorio, sendo o sistema de avaliación o anteriormente indicado. No caso de que non se participase nas actividades avaliables realizadas durante o curso, a nota final será a nota ponderada da proba mixta e da proba de resposta múltiple.
Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos que os da 1º oportunidade.
Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada (Decembro) son os mesmos que os da 1º oportunidade.