Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Asignaturas
Cálculo
Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba práctica Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 20
Proba mixta Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 65
Prácticas de laboratorio Cada estudiante debe resolver exercicios coa axuda dun programa informático. 15

Observacións avaliación

A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.

Probas de avaliación continua. Realizaranse tres. A primeira dos contidos
dos temas 1 e 2, a segunda dos contidos dos temas 3 e 4, e a terceira dos
contidos dos temas 5 e 6. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre
0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.

Prácticas de laboratorio. Avaliaranse cunha proba ou traballo na que os estudiantes
poden usar o material docente da materia publicado no Campus Virtual da UDC. A
nota desta proba, comprendida entre 0 e 10 puntos, a denominamos NL.

O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia.
Avaliarase cunha nota NPO ou NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.

Previamente a cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou renunciar ás
notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. Dita renuncia é a totalidade da avaliación continua. De tal xeito que a nota da acta calcularase cun dos
seguinte xeitos:

• Se se decide conservar as notas de avaliación continua. A nota da acta calcularase coma:

0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NPO na primeira oportunidade

0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NSO na segunda oportunidade.

• Se se decide renunciar ás notas de avaliación continua. A nota da acta calcularase coma:

0.15×NL+0.85×NPO na primera oportunidade,

0.15×NL+0.85×NSO na segunda oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia.

Dado que a asistencia ás clases non se considera obrigatoria, e a avaliación
realízase a través de varias probas, esta será a mesma que para o resto do
alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes