A realización das
prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa
estiveran matriculados anteriormente na materia e que superasen as prácticas
no curso anterior ao actual, poderán optar entre realizalas novamente
e ser avaliadas, ou non realizalas e conservar a puntuación obtida.
A cualificación
de "non presentado" figuraralles a aqueles alumnos/as que non se
presentasen á proba obxectiva.
Os criterios de
avaliación da segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, se o houbese,
son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio,
supondo igualmente o 10% da cualificación, e manterase tamén a puntuación
obtida na solución de problemas, pero esta última supondo soamente o 15% da
cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira
oportunidade). O 75% restante corresponderá á proba obxectiva.
Para os/as
alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención
de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades
específicas que requira cada alumno/a.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanecia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.