Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Oficina Técnica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A3 A23 B2 B5 B11 Realízase un exame de teoría, sobre o temario exposto nas horas presenciais.
40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A23 A37 B2 B4 B5 B11 C1 C7 Valóranse os traballos prácticos realizados polos estudantes en horas presenciais e non presenciais 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, os/as estudantes han de obter a cualificación mínima de aprobado (5) en cada parte da materia: teoría e práctica.

Os criterios e as actividades de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e para as convocatorias extraordinarias. Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes