Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Enxeñaría Gráfica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A36 A37 B1 B5 B11 C3 Exercicios da metodoloxía BIM realizados en aula informática co programa REVIT 30
Proba práctica A36 A37 B1 B5 B11 Resolución dos exercicios necesarios para reflectir en que grao se obtiveron as competencias 40
Traballos tutelados A36 A37 B1 B5 B11 C3 Consistirá no deseño e representación das instalacións de fontanaría, saneamento e electricidade dun edificio sinxelo.
Realizarase en horas de clase, podéndose completar fóra dela en caso necesario, utilizando CAD
30
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.

As situacións especiais das/os estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación. Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade.  Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá na realización dunha proba práctica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes