Guía DocenteCurso
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Enxeñaría do Mantemento Industrial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B1 B2 B4 B5 C3 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, e é indespensable telas aprobadas para poder superar a materia.

As prácticas de laboratorio representan o 20% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 3.0 puntos sobre 10.0 puntos.

20
Proba obxectiva A4 B1 B2 B3 B4 B5 Ao final do cuadrimestre e nas datas fixadas oficialmente polo centro, levarase a cabo esta proba obxectiva final.

Esta proba que pode alternar preguntas tipo problema e tipo cuestión teórica, representa o 30% da nota final da materia.
30
Solución de problemas A4 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 Poderanse realizar a cabo varios traballos tutelados ao longo do curso, cuxa entrega será obrigatoria e que tratarán sobre problemas ou tarefas propostas, relacionados coa materia.

Os traballos tutelados representan o 50% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 3.0 sobre 10.0 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Para poder sumar os puntos das actividades denominadas como
Solución de problemas" e "Prácticas de laboratorio", na nota da
"Proba obxectiva" o alumno terá que ter alcanzado un mínimo de 3.0
puntos.



Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que
a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.



Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación
corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.



O alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das
actividades obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará implicará que o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación
na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes