Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fisica Aplicada á Enxeñería
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A5 B5 B6 C1 C3 C8 Avaliarase a asistencia/realización ás sesións de laboratorio, o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión. Ademais, a asistencia/realización das practicas é obrigatoria e condición necesaria para aprobar a asignatura. Serán sesións presenciais e/ou online. 10
Proba obxectiva A1 A10 B2 B11 C4 C6 Tratarase dun exame no que o alumno terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar.
A proba puntuará un máximo de 6 puntos, necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas de avaliación continua (problemas/test, traballo tutelado e prácticas).
60
Solución de problemas A5 A10 B9 B10 B11 C8 Avaliaranse os problemas/test para que os alumnos resolvan de forma autónoma.

20
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 Avaliarase a preparación e defensa de traballos realizados en grupo. 10
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS DE LABORATORIO:

  • Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como “non presentados”.
  • Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas de laboratorio nos dous cursos anteriores, poderán optar en realizalas novamente ou non. No caso de optar por non realizalas, debe solicitalo, e conservaría a puntuación dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non superaran a asignatura deberán realizalas prácticas obrigatoriamente.

AVALIACIÓN CONTINUA:

  • A asistencia ás clases de docencia interactiva son obrigatorias. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas a clase sen xustificar, serán inmediatamente excluídos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxectiva será un 90% da nota, sendo o 10% restante o correspondente ás prácticas de laboratorio.

AVALIACIÓN FINAL:

  • Na segunda oportunidade de avaliación seguirase a mesma norma que para a primeira oportunidade.
  • Os alumnos con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio.
  • Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita con cualificación de 50% mais a valoración dos traballos propostos con cualificación de 50%. A segunda oportunidade para estes alumnos rexerase polas mesmas normas.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO:
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes