Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Análise Asistido por Ordenador
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A5 A7 A8 B6 B11 Esta avaliación consiste nunha avaliación continua.
Publicarase no campus virtual o calendario de exercicios a realizar e as datas de entrega.
A puntuación total desta parte é a suma de puntos obtidos nos exercicios entregados ao longo do curso.
20
Proba mixta A1 A8 B5 B6 Esta avaliación consiste nun exame final.
Para aprobar a asignatura necesítase unha nota mínima de 3 sobre 10 no exame final. Se non se cumpre este requisito, a cualificación máxima que se poderá obter na asignatura será de 4 sobre 10.
50
Solución de problemas A1 A5 A8 B5 B6 B11 Esta avaliación consiste nunha avaliación continua.
Publicarase no campus virtual o calendario de exercicios a realizar e as datas de entrega.
A puntuación total desta parte é a suma de puntos obtidos nos exercicios entregados ao longo do curso.
20
Proba de resposta múltiple A1 A5 A7 A8 Esta avaliación consiste nunha avaliación continua.
Nas sesións maxistrais faranse preguntas cortas para comprobar si os estudantes comprenderon os contidos do tema expricado ese día.
10
 
Observacións avaliación
A asistencia a clase é voluntaria e non se avalía, pero recoméndase asistir para aproveitar ao máximo a materia.

Segunda oportunidade (xullo) e convocatoria adiantada (decembro): os
criterios de avaliación serán iguais que na primeira oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións previstas na normativa vixente (Regulamento Disciplinar do Estudantado da UDC).

Non se acepta dispénsa académica, xa que a asistencia a clase é voluntaria.

Estudantes que no podan asistir ás clases maxistrais das sesións expositivas por causa xustificada: para eles a metodoloxía "proba de resposta múltiple" valerá un 0%, e a metodoloxía "proba mixta" (exame final) valerá un 60%. Acéptanse como causas xustificadas: asistencia obrigatoria a unha materia suspensa de cursos anteriores, ter obtido máis do 50% da puntuación desta metodoloxía en cursos anteriores, horario laboral, etc.

Os estudantes a tempo parcial serán avaliados igual que os estudantes a tempo completo, xa que a asistencia a clase non é obrigatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes