Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Expresión Gráfica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fundamentos de Física/771G01001
Matemáticas II/771G01006
Informática Básica/771G01012
Metodoloxía do Deseño/771G01022
Expresión Artística/771G01041

Materias que continúan o temario
Análise Asistido por Ordenador/771G01013
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014
Expresión Gráfica Aplicada/771G01016
Deseño Asistido por Ordenador/771G01017
Oficina Técnica/771G01018
Deseño e Producto/771G01023
Proxectos de Deseño I/771G01024
Proxectos de Deseño II/771G01025
Proxectos de Deseño III/771G01026
Taller de Modelos e Prototipos e Proxectos Experimentais/771G01029

Observacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente. Coñecementos básicos de Debuxo Xeométrico e Sistemas de Representación: Sistema Diédrico e Sistema Axonométrico. Está previsto colaborar nesta materia con outras de 1º curso, é o caso de Metodoloxía do Deseño, poderanse emplear contidos desta materia (Módulos e Relieves) para realizalos en Expresión Gráfica nos contidos de Introducción o Debuxo Industrial e Normalización. Aviso importante sobre a planificación da matrícula: lémbrase os estudantes que repiten curso nesta materia, que é obligatorio asistir as clases teóricas e prácticas, deben telo en conta cando se matriculen de novo, sobre todo polos horarios de docencia e datas de exames aprobados en Xunta de Escola.

Recomendacións sobre sustentabilidade e medio ambiente:
Intentarase transmitir ao alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón tamén no comportamento persoal e profesional.
Para contribuír á consecución dunha contorna inmediata sustentable e ao cumprimento do obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudables e sostibles” do “Plan de Acción Campus Verde Ferrol”:
 A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- De se realizar en papel:
·         Non se empregarán plásticos.
·         Realizaranse impresións a dobre cara.
·         Empregarase papel reciclado.
·         Evitarase a impresión de borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
 Recomendacións en materia de igualdade de xénero e respecto á diversidade:
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes