Teaching GuideTerm
University College of Industrial Design
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Subjects
  Applied Graphic Expression
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before
Graphic Expression/771G01015

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Computer Aided Design/771G01017

Subjects that continue the syllabus
Project Workshop/771G01018

Other comments

Recomendase en xeral cursar as materias que se imparten no 2º curso, xa que así o estima a planificación da titulación. Aviso importante sobre a planificación da matrícula: lémbrase os estudantes que repiten curso nesta materia, que é obligatorio asistir as clases teóricas e prácticas, deben telo en conta cando se matriculen de novo, sobretodo polos horarios de docencia e datas de exames aprobados en xunta de escola.


Recomendacións sobre sustentabilidade e medio ambiente:

Intentarase transmitir ao alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón tamén no comportamento persoal e profesional.
Para contribuír á consecución dunha contorna inmediata sustentable e ao cumprimento do obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudables e sostibles” do “Plan de Acción Campus Verde Ferrol”:
 A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- De se realizar en papel:
·         Non se empregarán plásticos.
·         Realizaranse impresións a dobre cara.
·         Empregarase papel reciclado.
·         Evitarase a impresión de borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
 Recomendacións en materia de igualdade de xénero e respecto á diversidade:
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes