Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Semiótica e Psicoloxía da Percepción
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A7 A8 A9 B1 B4 No laboratorio levaranse a cabo pequenos exercicios individuais e en grupo, que se entregarán ao remate da clase ou (de non ser o caso) na forma estimada polo profesor.
40
Proba mixta B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 Test e pregunta curtas.
30
Traballos tutelados A2 A4 A6 Ao longo da materia o alumnado desenvolverá un traballo proposto polo profesor.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado). Partindo dun formato seminario dun tema concreto, realizarase unha aproximación á realidade estudada a través da aprendizaxe activa do alumno e búsqueda de información.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario ter aprobada a parte das prácticas de laboratorio e o traballo proposto, así como a proba mixta. 

Os alumnos deberán entregar os traballos prácticos segundo os criterios estipulados pola docente. 

 A avaliación da convocatoria extraordinaria será igual á ordinaria. A docente poderá adaptar algunha ferramenta de avaliación por causas xustificadas. 

Cada traballo ou exercicio práctico non entregado en tempo e forma estipulado supón a súa anulación. 

Ortografías: as posibles faltas de ortografía nos traballos ou prácticas supoñen unha penalización na cualificación. 

Os estudantes con dispensa académica deben contactar co profesor ao comezo do curso, vía Moodle ou correo electrónico, para acordar un itinerario personalizado para compensar as ausencias das clases maxistrais e as horas de traballo na aula. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes